Recursos Ofertados

Residencia

O noso Centro (con capacidade para atender a 74 persoas) ofrece as mellores instalacións, adaptadas ás necesidades funcionais de cada persoa. Contamos con excelentes servicios, que favorecen á mellora da súa calidade de vida e benestar, retardando os procesos lóxicos do envellecemento.

Contamos con Profesionais altamente cualificados e con elevada experiencia que, prestando os máis eficaces coidados preventivos, rehabilitadores e socioasistenciais, convirten este Centro nun sitio ideal para residir.

Conta coas seguintes unidades residenciais especializadas:

  1. Unidade de residentes válidos
    Coidado e atención de persoas maiores que non precisan asistencia persoal do persoal do centro para realiza-las Actividades Básicas da Vida Diaria (ABVD*) e que non presentan ningún tipo de deterioro cognitivo.
    * ABVD: Aseo, vestido, alimentación, deambulación, eliminación.
  2. Unidade de residentes asistidos e semi-asistidos
    Coidado e atención de persoas maiores que precisan asistencia física do persoal do centro para realiza-las ABVD.
  3. Unidade de psicoxeriatría
    Coidado e atención de persoas maiores que presentan deterioro cognitivo leve, moderado ou grave e que precisan supervisión continua e atención especializada.
  4. Unidade de coidados especiais
    Coidado e atención de persoas maiores dependentes para realiza-las ABVD ademáis de atención especializada do persoal sanitario.
  5. Unidade de estancias temporales / respiro familiar
    Coidado e atención de persoas maiores (válidas ou asistidas) que acuden ó Centro durante un tempo determinado

Centro de día

Con capacidade para atender a 40 persoas, trátase dun centro de funcionamento diurno para persoas maiores con ou sen perda de autonomía física ou psíquica que presta atencións de carácter persoal, terapéutico e social.

HORARIOS

  1. Día Completo
  2. Mañá
  3. Tarde

* Posibilidade para usuarios de Centro de día de pernocta durante fins de semana