Complexo Xerontolóxico O Castro

O lugar onde os teus maiores se senten na casa… e ti, tranquilo

Brindamos coidado con agarimo e profesionalidade, nun contorno seguro onde se senten respetados, acompañados e motivados, fomentando o seu benestar físico e emocional, así como a súa independencia cada día.

Aquí non ingresan residentes. Chegan persoas con historias, rutinas e necesidades únicas. No Complexo Xerontolóxico O Castro garantimos o benestar e coidado dos teus maiores con importantes recursos humanos e tecnolóxicos.

Contacta connosco para resolver calquera dúbida no teléfono 981 800 206

Un lugar pensado para eles… e para ti

Un lugar pensado para eles… e para ti

Porque queres que sigan sendo autónomos o maior tempo posible, necesitas que estean atendidos cando ti non podes estar e buscas un sitio onde os traten con agarimo, non como un número.

Por iso no Complexo Xerontolóxico O Castro non prometemos milagres. Ofrecémosche algo moito máis valioso: confianza, experiencia e un coidado honesto, humano e continuo.

A tranquilidade de saber que está en boas mans

A tranquilidade de saber que está en boas mans

Cada residente recibe a atención exacta que necesita, desde a supervisión profesional ata programas de rehabilitación, actividades ocupacionais e terapias preventivas.

O noso equipo cualificado garante seguridade, benestar físico e emocional, mentres que a nosa contorna natural e luminosa contribúe a mellorar a calidade de vida e o ánimo de cada persoa.

Acompañamos ás familias

Acompañamos ás familias

No Complexo Xerontolóxico O Castro, acompañamos non só aos residentes, senón tamén ás súas familias. Sabemos que confiar o coidado dun ser querido é unha decisión cargada de emocións, dúbidas e, ás veces, preocupación. Por iso o noso compromiso comeza desde o primeiro contacto e mantense no tempo.

Estamos dispoñibles para orientarte antes, durante e despois do ingreso, para que te sintas respaldado e seguro en cada paso do camiño.

Para resolver calquera dúbida, contacta connosco no teléfono 981 800 206

Digitalizadores

Esta web utiliza cookies de terceiros para obter datos estadísticos da navegación dos usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Máis información