Complexo Xerontolóxico O Castro


A residencia

A residencia

A residencia

O noso centro (con capacidade para atender a 74 persoas) ofrece as mellores instalacións adaptadas ás necesidades funcionais de cada persoa. Dispoñemos de excelentes servizos, que favorecen a mellora da súa calidade de vida e benestar, retardando os procesos lóxicos do envellecemento.

Contamos con profesionais altamente cualificados e con elevada experiencia que, prestando os máis eficaces coidados preventivos, rehabilitadores e socioasistenciais, converten este Centro nun lugar ideal para residir.

Profesionais cualificados e especializados

· Unidade de residentes válidos
Coidado e atención de persoas maiores que non precisan asistencia persoal do persoal do centro para realizar as Actividades Básicas da Vida Diaria (ABVD*) e que non presentan ningún tipo de deterioro cognitivo.
*ABVD: Aseo, vestido, alimentación, deambulación, eliminación.

· Unidade de residentes asistidos e semi-asistidos
Coidado e atención de persoas maiores que precisan asistencia física do persoal do centro para realizar as ABVD.

· Unidade de psicoxeriatría
Coidado e atención de persoas maiores que presentan deterioro cognitivo leve, moderado ou grave e que precisan supervisión continua e atención especializada.

· Unidade de coidados especiais
Coidado e atención de persoas maiores dependentes para realizar as ABVD ademais de atención especializada do persoal sanitario.

· Unidade de estancias temporais / respiro familiar
Coidado e atención de persoas maiores (válidas ou asistidas) que acoden ó Centro durante un tempo determinado.

Seguridade e profesionalidade que respalda a túa decisión

Seguridade e profesionalidade que respalda a túa decisión

Escoller unha residencia é un paso importante e queremos que o fagas con total tranquilidade. No Complexo Xerontolóxico O Castro ofrecemos garantías reais e demostrables:

• Permiso de Inicio de Actividades (PIA Nº AS-1661)
• Autorización da Xunta de Galicia desde 2003
• Certificación de Calidade ISO 9001 en Atención a Persoas Maiores (renovada anualmente)

Espazos deseñados para a súa comodidade, privacidade e benestar

Espazos deseñados para a súa comodidade, privacidade e benestar

Cada habitación do Complexo Xerontolóxico O Castro está deseñada para que o teu familiar se sinta cómodo, seguro e nun contorno digno:

• Habitacións individuais e dobres, todas exteriores
• Camas eléctricas articuladas
• Baño xeriátrico totalmente equipado• Televisión e teléfono• Timbre de chamada para atención inmediata

Un contorno que impulsa a súa saúde, alegría e autonomía

Un contorno que impulsa a súa saúde, alegría e autonomía

Aquí o contorno suma, acompaña e mellora o día a día:

• Máis de 5.000 m² de xardíns terapéuticos, con máis de 150 especies vexetais
• Salas de estar amplas para a convivencia e a socialización
• Ximnasio completamente equipado para fisioterapia e rehabilitación
• Capela e servizo relixioso semanal
• Cociña propia con menús elaborados por nutricionista

Coidado adaptado a cada etapa e necesidade

Coidado adaptado a cada etapa e necesidade

Non todas as persoas maiores necesitan o mesmo. Por iso contamos con unidades residenciais especializadas:

• Residentes válidos
• Residentes asistidos e semi-asistidos
• Unidades de psicoxeriatría e coidados especiais
• Estancias temporais e respiro familiar
• Centro de día con horarios flexibles e opción de pernocta en fins de semana

Esta web utiliza cookies de terceiros para obter datos estadísticos da navegación dos usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Máis información