Servizos básicos


O que podes esperar de nós

Traballo social

Información xeral do centro, asesoramento e tramitación de axudas, ingreso e acollida dos novos residentes.

Servizos médicos

O centro conta cun servizo de enfermería e atención médica diurna.

Atención psicoxerontolóxica

Avaliación e seguemento psicolóxico dos residentes. Intervencións individuais e grupais. Integración e adaptación dos usuarios á institucionalización e resolución de problemas.

Terapia ocupacional e Animación sociocultural

Fomento de actividades que favorezan á autonomía e á independencia. Actividades lúdicas e recreativas.

Fisioterapia

Amplo ximnasio equipado con multiples aparatos para membros inferiores e superiores, ultrasons e baños de parafina. Programas de ximnasia grupal e rehabilitación individualizada.

Aloxamento

Habitacións dobres e individuais, todas elas exteriores. TV e teléfono en tódalas habitacións, camas eléctricas articuladas, timbre chamada, baño xeriátrico totalmente equipado.

Xardín terapéutico

Contamos con 5000m2 de zonas axardinadas e máis de 150 especies vexetais diferentes.

Salas de estar e convivencia

Múltiples salas de convivencia a disposición dos residentes, ideais para a interacción social entre eles.

Servizo relixioso

Capela propia e servizo relixioso semanal para quen o desexe.

Servizo de restauración (cociña propia)

Os menús son elaborados por un nutricionista e están adaptados a persoas de idade avanzada. Así mesmo, elabóranse dietas especiais en función das necesidades de cada residente e das súas patoloxías.

Para resolver calquer dúbida, contacta connosco no teléfono 981 800 206

Servizos opcionáis


Extras ao servizo dos residentes

Podoloxía

Valoración, tratamento e seguemento da afección do pé.

Perruquería

Manicuras, moldeados, tintes, permanentes, cortes de pelo para cabaleiros e donas.

Cafetería

Servizo de cafetería dentro das instalacións do complexo.

Acompañamento a consultas externas

Acompañamento por parte do noso persoal a consultas médicas externas ao centro.

Marcado e repaso da roupa

Marcado de roupa para a súa correcta identificación, evitando perdas e confusións.

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso. Aceptar Máis información